O xoves 3 de maio, Día
Mundial da Liberdade de Prensa, a Asociación de Periodistas de Santiago de
Compostela convoca, ás 12.00 h. da mañá, diante da Facultade de Xornalismo
e Ciencias da Comunicación a socios, profesores, alumnos, organizacións
sociais e cidadáns en xeral sensibilizados coa liberdade de expresión a unha
concentración de 5 minutos baixo o lema "Sen xornalistas non hai
xornalismo. Sen xornalismo non hai democracia". O acto de Santiago,
forma parte integrante da campaña que por toda España desenvolverán ese día as
61 asociacións de profesionais do xornalismo adscritas a FAPE (Federación
de Asociacións de Periodistas de España) e que representa a 20.000 xornalistas
en todo o Estado. No acto lerase un comunicado conxunto contra a devastación
xeneralizada e a degradación que está sufrindo a profesión xornalística en toda
España e a desaparición de perto de 6.000 postos de traballo nos últimos
tempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario